Axudas Plan renove de ascensores 2017 + axudas Biomasa-Rural 2017 | David Boullosa Arquitectura

Axudas Plan renove de ascensores 2017 + axudas Biomasa-Rural 2017

Bós días,

Publicouse no DOG de onte a Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2017:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170306/AnuncioG0424-220217-0002_gl.html

BENEFICIARIOS: Comunidades de propietarios de edificios de vivendas situados en Galicia

REQUISITOS: Reducción anual mínima do 35% enerxía convencional ou incremento xustificable na seguridade / Gastos subvencionables ofertados, orzados, realizados e efectivamente pagados entre 01.01.2017 e 15.11.2017 / Investimento mínimo por ascensor de 5.000 €

GASTOS SUBVENCIONABLES: Custos en equipamentos, materiais, obra civil, man de obra e impostos indirectos asociados á reforma e posta en servizo do ascensor.

AXUDA: 50% do investimento subvencionable cun máximo de 10.000 €/ascensor e 20.000 €/comunidade de propietarios

PRAZO: Solicitudes: do 7 de marzo ao 6 de xuño, agás suposto de esgotamento de crédito (700.000 €). Xustificación: ata o 15 de novembro de 2017.

LUGAR: Únicamente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ).

INFORMACIÓN:

-páxina web: http://ceei.xunta.gal

-teléfono: 981 95 71 87 ou 981 54 55 72

-enderezo electrónico: cei.sxai@xunta.gal

-presencialmente

 

Ademáis, publicouse no DOG nº 43 do 2 de marzo de 2017 a Resolución do Instituto Enerxético de Galicia-INEGA- pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2017:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170302/AnuncioO3G1-090217-0001_gl.html

BENEFICIARIOS: Persoas físicas, comunidades ou mancomunidades propietarias de inmobles de uso residencial ubicados no ámbito rural de Galicia

CONCEPTO SUBVENCIONABLE: Custo do equipamento térmico de biomasa, accesorios da instalación, sistema de almacenamento e alimentación do combustible, custo de montaxe e conexionado e o IVE cando este non sexa recuperable

AXUDA: 50% do custo subvencionable cun máximo de 50.000 €/proxecto (crédito previsto 2.265.000 €)

PRAZO: Do 3 ao 20 de marzo para as entidades colaboradoras interesadas na xestión das axudas. Para os particulares do 21 de marzo ao 21 de abril (sg. artigo 3 da Resolución)

LUGAR: A solicitude tramitarase a través dalgunha das entidades colaboradoras onde o comprador elixirá o equipamento térmico de biomasa. Na páxina web da Xunta estará dispoñible unha listaxe coas entidades colaboradoras

A información aos interesados estará dispoñible en:

-páxina web: www.inega.gal

-correo electrónico: inega.info@xunta.gal

-teléfono: 981 54 15 00 (Inega)

-presencial: Rúa Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro. 15703 Santiago de Compostela, previa cita no teléfono 981 54 15 00

 

Toda esta información tamén pode ser consultada na páxina web do concello de Marín a través da seguinte ligazón:

http://concellodemarin.es/concellerias/urbanismo-facenda-e-persoal/outras-axudas/

 

Agardamos que esta información sexa do seu interese.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies